martes, 10 de septiembre de 2013

Setembro



- Veño de comezar un novo paso na faraónica e obsesiva tarefa comezada con Nados Mortos. Neste caso, trátase de reproducir a toda cor e con mimoso detalle, nun formato de 12,5 x 18 cm., todas e cada unha das facianas que aparecen no vello caderno-acordeón. Son preto de 1400, así que o tomarei con calmiña. As que amoso aquí abaixo formaron parte da miña aportación a Magic Weirdos Never Die na Scawfell Gallery de Londres.

- O vindeiro 19 de setembro, a miña benquerida e madrileña Watdafac Gallery inaugura ¡Oh, Chaval!, unha exposición que complementa ó libro do mesmo título na homenaxe que a galería quere render ós Simpson. Cando abro o mail e atopo propostas coma esta, volvo a pensar que realmente me correspondía ter nacido en 1982, tal e como foi. Compartirei libro e espazo físico con varios candidatos a estar na lista definitiva de Del Bosque para o Mundial de Brasil: Carletti, Manuel Donada, Nano 4814, Clara Iris, Rocío Cañero, Hugo Sierra, Grosman, Gorka Villaescusa, Ruru, Mar Martitegui e Jose Punzón.
Aquí pódese ler unha entrevista sobre o asunto a Manuel Donada, ideólogo e capo.

Portada tuneable a cargo de Manuel Donada.




Unha das tres páxinas coas que contribúo ó invento.


- A xente de Rincón Pío Sound documentou parte da nosa actuación no Perpendicular Fest (Tema para correr e PO-308). O resultado é, polo momento, a máis nítida proba audiovisual da nosa existencia:


- En camiño: colaboracións con Ultrarradio, Autsáider Comics, Gatomatones, Klebstoff Magazine... Farei unha tirada de camisetas a ver se consigo pagar o alquiler do mes que vén; sairán pronto unhas camisetas de Djalminha; preparo unha expo para outubro en Madrid, un face to face co máster Manuel Donada... Informarei pronto.

P.D. Pasei o verán encerrado na casa, debuxando, sen apenas bañarme no mar; sen consolo, polo tanto. Cambiei, aburrido, a compaña da música pola dos documentais e reportaxes. Traguei toneladas e traballei ben a gusto. Podería recomendar unha chea de cousas, pero voume quedar co descubrimento da figura do Trinche Carlovich, un futbolista arxentino que ben merecería un apéndice en Bartleby y Compañía: renunciou a xogar en primeira (só desputou dous partidos); estivo a piques de fichar polo Cosmos de Pelé, Beckenbauer e Chinaglia pero por algún motivo non o fixo; non existen vídeos que dean testemuño do seu talento, pero sorprende a seguridade coa que os que o viron xogar o sinalan como o mellor da historia. Doume tempo a pensar na inxustiza que constitúe o feito de considerar o deporte como deporte e non como arte. A medida, o resultado, a estatística non poden nin poderán aprehender xamáis a esencia do xogo e, sen embargo, son os argumentos que sosteñen a estructura piramidal e impenetrable do fútbol (do deporte, atrevéndome a xeralizar), condenando á invisibilidade a todo movemento producido fóra da oficialidade, non tendo esta outro obxectivo que o de determinar os referentes para o seu control e xestión. Pero a realidade está nas fisuras e a literatura prevalece.

3 comentarios:

Unknown dijo...

Alooooha!!!!!
lsa historias de futbolistas con caracter y decisión, o por decirlo de otro modo, las historias de futbolistas que son diferentes!

Aunque los ejemplos vivos siempre dan un poco mas de grima.

(Javier Poves)
(Justin Fashanu, aunque no dejó el futbol realmente!)

El video suena guay!!!!

xabilin dijo...

el mensaje anterior, era mío!!!!

Berto Fojo dijo...

No conocía la historia de Javi Poves. Interesante.