jueves, 11 de julio de 2013

Estivaleo

- O Liceo Mutante celebra este mes o seu segundo aniversario. Para os que andamos involucrados neste proxecto este aniversario é especialmente emotivo, logo de ter sobrevivido contra todo pronóstico ás ameazas de peche e á persecución das autoridades e dos seus colegas. Non sabemos canto máis vai durar isto, pero, como di sempre Rafa Anido, "o vivido aquí xa non cho poden quitar". Sexa como sexa, celebramos dous anos e farémolo así: https://www.facebook.com/events/148935218634887/
Aquí está o cartel que fixen para a ocasión:



- Logo dunha tempadiña de relax, Djalminha voltamos a exhibirnos en público. O escenario non podería ser mellor: no Liceo Mutante acompañados por unha banda tan especial e tan admirada por nós como Extinción de Los Insectos (venres 12 de xullo ás 20.30 h.).
E, xa que estamos, o 3 de agosto tocaremos no Perpendicular Fest, en Sanabria (León), un festival dos que xa non quedan, compartindo cartel cunha chea de bandazas. Ademáis o deseño do póster está feito por Natalia Umpiérrez, que se luciu para a ocasión. Un motivo de satisfacción máis.
See ya in da pit!!


Carteis psicodélicos, a especialidade de Jose Haz.



Pepinazo de cartel a cargo de Lady Umpiérrez.

1 comentario:

isaries dijo...

Guauu! No había visto todos estos carteles... Son super al cubo!!
Bravo!