jueves, 9 de mayo de 2013

Magic Weirdos Never Die

Veño de pasar uns días en Londres co gallo da exposición que, baixo o título de "Magic Weirdos Never Die", se celebrou en Scawfell Street e na que tiven o pracer de participar. Sean Morris fixo o papel de curator e Carrie Howell foi a encargada de poñer a cousa a andar. O cartel completábano o compinche Manuel Donada (España); o propio Sean, Kyle Hughes-Odgers e Ghostpatrol (Australia); Jon Boam, Suzy Kemp, Jasper Dunk e James Unsworth (Reino Unido) e Luke Pelletier, e Dilon Froelich (EEUU). 
Foron uns días moi agradables: fun acollido por Manu Griñón e Raquel Estrada no cuartel de Jerseys Para Los Monos, rimos a esgalla e fixéronme sentir coma na miña casa; comín porcallada do Simply The Best mirando as pombas do parque xunto a Manuel Donada; Andrés Magán fíxome unha ruta polas tendas de tebeos máis flipantes de Londres (sen un can no peto fíxose durísimo), atopámonos por casualidade con Donada, que andaba a buscar a chatarra Marvel que lle falta, para despois unírmonos a Sae Aparicio e Juanes e visitar a National Gallery (combo deluxe), co seu matrimonio Arnolfini, a súa Rokeby, o seu tigre sorprendido e a súa pobre Lady Jane; coñecín a Alice Englert; fun hipnotizado polas tramas sonoras de Barn Owl en compaña de Juanes e Silvia; dei un moi agradable paseo nocturno con Juanes que nos levou ata o Barbican; atopeime casualmente pola rúa con Estefani Bouza; puiden por fin comprobar que Santi Zubizarreta é unha persoa de carne e óso, ademáis de coñecer a Teresa Ferreiro e a Jose Méndez e voltar a coincidir con Begoña García-Alén (tropa de figuras); merquei un rotu e unhas libretiñas que molan un montón; fun a unha pequena pero moi inspiradora expo de mapas decorativos antigos debuxados por MacDonald Gill, o irmán do célebre tipógrafo...
Velaí algunhas fotos do que foi a historia:

A poucos minutos para abrir Sean pediume que fixera un carteliño para a entrada.

O once inicial.

Sean Morris montando o tenderete.

Carrie Howell (esq.) e unhas mozas que non sei quen eran nos momentos previos á apertura.

Os meus meniños facendo turismo.

Fojo zone (foto cortesía de Manu Griñón)

Donada zone (pena que non se poida apreciar con claridade o detalle do debuxo).

 Peñita fresh.

"This is flipant!" (Pelaso!)

 Selección galega xa! Non están todos os que son pero son todos os que están: Begoña García-Alén, Santi Zubizarreta, Juan Fernández Navazas, Andrés Magán, Ronaldinho e Teresa Ferreiro. Equipazo!

Peñita fresh ao fresh.

Un asistente ávido de verdades cósmicas.

Raquel e Manu, os meus pais adoptivos, no momento da despedida no cuartel xeral de Jerseys Para Los Monos. :__^ )



2 comentarios:

aries dijo...

Flipant!! <3

afeitaperros dijo...

Peñita fresh, me parto!