lunes, 22 de abril de 2013

Algunhas novas

- Acaba de sair a convocatoria para participar no GRAPO GRAPO,  a segunda edición das xornadas de autoedición do Liceo Mutante. Celebraráse os días 21 e 22 de xuño, aproveitando o sol e o aire da ría. Animo a todo o mundo interesado no DIY e na  Desta volta, é Natalia Umpiérrez a encargada de crear a imaxe do evento (incrible, como ben se pode apreciar). En Plástica Mutante está dispoñible toda a información da convocatoria.

- Este domingo 28 parto rumbo a Londres para participar na exposición "Magic Weirdos Never Die", no Scawfell Studio de Londres, que se inaugura o xoves 2 de maio. Estou especialmente contento por varios motivos: é a primeira vez que expoño naquelas terras, comparto cartel cuns figuras de moito calibre, acompáñame na representación ibérica Don Manuel Donada (autor do cartel) e vou a ter a oportunidade de voltar a ver a algún vello amigo.



- O amigo David Tombilla (a.k.a. Fan de Baiona) ven de colgar unha puñada de fotos do concerto que Djalminha ofrecemos este pasado sábado no Liceo Mutante. Xa de paso, podedes aproveitar para dar un paseo polo seu flickr e flipar coa súa documentación da escea musical galega.



No hay comentarios: