lunes, 27 de mayo de 2013

Noticiario

- As últimas copias de Chatarra, o meu filliño, marchan para New York logo de ser seleccionado por Printed Matter para a súa libraría. Como consecuencia, estará tamén presente na New York Art Book Fair, a celebrar no MOMA en setembro. Manuel Donada, responsable de esa milagre chamada Watdafac e editor deste modesto libriño, cóntao algo mellor no seu blog. Aproveito a viaxe darlle as grazas por ter apostado por min e facer todo isto posible.



- O amigo Basilio, sheriff de Chingaste La Confianza, confioume unha vez máis o deseño do seu merchandising. Díxome que quería algo alegre e con algunha alusión mariñeira. Agradezo moito a confianza que Basi sempre deposita en min (espero non chingala nunca), que me permite traballar moi pero que moi a gusto. Para conseguir algunha das camisetas, suadoiros ou bolsos de tela hai dúas opcións: visitar o seu blog e aproveitar para desfrutar do gusto tan fino que ten para escoller discos, ou escribirme a bertofojo@outlook.com. 






- Fixen tamén unhas ilustracións para Vice sobre o Primavera Sound, esa gran fritideira.
Simulacro/salchicheo.







- Fan e Flaco foron esta fin de semana ó Festival de Cine de Cans a proxectar algúns episodios do seu Comemierda, programa online de curioso formato consistente en ir invitando a cociñar en cada episodio  a un grupo de música distinto. É fácil intuir o desastre, pero non os matices. Bueno, o caso é que lles fixen este cartel con tal motivo para que a organización rematara por coller de internet unha minúscula copia do seu logo para estirala en imprimila en A3, a unha media de píxel por pulgada. 




- Para rematar, un carteliño para o concerto que Mesa Of The Lost Women ofrecerán xunto a Junko este vindeiro mércores no Liceo Mutante. Reciclando debuxos.


2 comentarios:

David Tombilla dijo...

No paras!!!!!! Grande Fojo!!!

aries dijo...

Aupa ahí! Qué de maravillas!