miércoles, 27 de febrero de 2013

O deseño para o "Vermes Veniunt"



Hai algo máis de unha semana, Djalminha publicamos un modesto pero ben xeitosiño EP con cinco dos nosos temas. Traballei como cando era máis feliz, de madrugada e improvisando bastante. Non había nada excesivamente planeado, a excepción do selo, que tivera que encargar antes. A noite antes do concerto con Za! quedámonos ata as tantas Gon, Noe, Nati e servidor cortando cartulinas, estampando selos, gravando os discos nas nosas computadoras, debuxando, empaquetando... Todo moi D.I.Y., todo moi vellos tempos. Decateime do moito que boto de menos aquela inocente maxia.
Fixemos unha edición de 35 exemplares numerados que está a piques de se esgotar, polo que haberá que organizar outra sesión dentro de non moito.
Cada disco leva dentro unha palmeiriña recortada como homenaxe ó noso querido Liceo Mutante.
A risco -ou con intención- de me repetir, quixera insistir na importancia do papel de Jose Uve (sheriff dos Estudios A Pastora) á hora de facer realidade este proxecto.
Quen queira un, que me escriba (4€ + gastos de envío).

3 comentarios:

Natalia Umpiérrez dijo...

Pronto otra sesión DIY.

afeitaperros dijo...

Eh! Me guardas uno, Fojo?

Berto Fojo dijo...

Guardado, no podía ser de otra manera.
Bezoar asoma. Estoy acabando.