martes, 5 de junio de 2012


O amigo Mau (Zeidun, Les Aus, Omega Cinco) volta por Pontevedra co seu proxecto persoal, Esperit!, co que xa nos visitara hai cousa de ano e medio acompañando a Atomizador nunha minixira galaica que resultou ser moi especial. Para os que non o vistes en directo, é unha moi boa oportunidade e os que xa o vistes, sabedes que repetiredes.
Gústame facer carteis para o Liceo Mutante. Hai dous condicionantes principais: o tempo e a pasta, de aí que haxa que facelos a toda pastilla e en branco e negro. Ademáis procuro facer deseños que non sobrepasen as dimensións dun A3 cortado lonxitudinalmente á metade, de xeito que se poidan sacar dous carteis de onde sacabamos só un. Iso esixe deixarse de parvadas e ir ó gran, sen máis. Sorpréndenme para ben ás veces os resultados, pois ó non haber tempo para mirar atrás nin dubidar, asumo riscos que de ningún outro xeito asumiría. Velaí algún outro exemplo:





3 comentarios:

Natalia Umpiérrez dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Natalia Umpiérrez dijo...

Tu trabajo me parece maravilloso. Nos conocemos desde hace muchos años, casi 11 años, y desde el primer momento admiro todo lo que haces. ERES GRANDE.

Saleta dijo...

Muy bien planteado y muy bien resuelto.