viernes, 25 de mayo de 2012

Hai unhas semanas rematou o meu traballo como profe e hai uns días voltamos á nosa casiña. De novo terei tempo para moitas cousas que xa ía botando de menos, principalmente debuxar. Síntome especialmente afortunado por moitas razóns, entre elas por ter coñecido a unha tropa de rapaces e rapazas dos que aprendín moitísimo e ós que boto en falta.

6 comentarios:

Maria dijo...

Profe,eres un artista!te echamos de menos! =O


(María,3ºESO B)^^

Berto Fojo dijo...

Ola, María!
Precisamente hoxe estiven preparándovos a ti e a Andrea uns enlaces a un programa e un titorial para unhas animacións que me comentou que queríades facer. Faréivolos chegar pronto.
Agradezo moito a visita.

Manuel Viqueira dijo...

Ui ui, ese monicreque ten máis pinta de cienciólogo que Pablo Motos e José Mota xuntos macho... (O que avivou a paranoia subliminal nas nosas cabesiñas inocentes foches ti).
Aviso! Calquer día destes aparecemos polo Liceo a queimar cousas ou algo.
Bótase en falta procrastinar nas clases de debuxo, pero o "Don't go, my friend, YEAH!" vai quedar sempre connosco.
Un saúdo e grazas, que aínda que aprenderas máis ti de nós (diso non hai duda), tamén nos ensinaches un cacho!
PD: unha lástima que non poida escribir isto en comic sans

Berto Fojo dijo...

Taquito!
Pois a ver se é verdade que vos pasades por alí! Ás cocacolas invito eu.
O día 23 (noite de San Xoán) tocan alí Betunizer, ademáis de algunha outra sorpresa, con sardiñada e fogueira incluídas.
Déixote un par de vídeos para que expandas os límites do teu coñecemento:

http://www.youtube.com/watch?v=osIqcaB8VwQ

http://www.youtube.com/watch?v=iA5fDFHGUgo (busca o documental enteiro por aí para descargar, que seguro que diso controlas)

Agradezo tamén enormemente a túa visita.

Andrea dijo...

Prooooooofe, a ver cuándo nos haces una visita :)
y nos mandas mandas a mi y a María lo de las animaciones jiji ^^
(Andrea, 3º ESO B)

Berto Fojo dijo...

Andrea! Como vai iso?
Pois xa deixei nun dos blogs de María un post dirixido ás dúas cunhas breves instruccións para que vos vaiades adentrando no mundo da animación. Fixádevos por aí e atoparédelo.

Graciñas por pasar por aquí.