Hai unhas semanas rematou o meu traballo como profe e hai uns días voltamos á nosa casiña. De novo terei tempo para moitas cousas que xa ía botando de menos, principalmente debuxar. Síntome especialmente afortunado por moitas razóns, entre elas por ter coñecido a unha tropa de rapaces e rapazas dos que aprendín moitísimo e ós que boto en falta.