viernes, 17 de junio de 2011

Cadernos

martes, 7 de junio de 2011

Hundlebert Syndrome



 Veño de recibir a última edición de Ultrarradio. Este novo experimento leva por título Hundlebert Syndrome, e participo cunha historia de catro páxinas na que o meu protagonista, Experto Hundlebert, é atacado por uns malotes porreiros noventeiros. Como sairá desta? Para coñecer o desenlace podedes ben mercarme a mín o voso exemplar (os que me vaiades ver en persoa), ben mercalo directamente en Ultrarradio ou nos puntos de venda que na súa web se indican. A portada, por certo, é obra do mítico Max.

"O Síndrome Hundlebert, ou Síndrome Volátil, é unha enfermidade hereditaria de tipo dominante que se desenvolve só nalgúns dos membros de ámbolos sexos da familia Hundlebert. O primeiro caso documentado é o de E. Hundlebert (Constanza, 1415), desencadeado logo de contemplar a queima na fogueira por herexía do teólogo anticlerical Jan Hus. O síndrome, nun principio latente, iníciase despois de experimentar o enfermo un acontecemento importante ou psicolóxicamente intenso. O enfermo experimenta unha fase inicial de taquicardia, hipertensión, espasmos, midriase, vertixe, vómitos e ocasionais alucinacións e perda de conciencia. En poucas horas, ou de xeito instantáneo, iníciase un proceso de polimorfización en paxaro. As transformacións, permanentes e irreversibles, son tanto psicolóxicas (Autismo de Hundlebert), como físicas, afectando a numerosos órganos e estruturas. Téñense documentado transformacións tanto completas como parciais. As limitadas habilidades comunicativas dos enfermos fan moi difícil o estudio da enfermidade. A natureza do síndrome é descoñecida e non existe tratamento."

Participan: Ana Galvañ, Berto Fojo, El Bute, Carla Berrocal, Chema García, Davín, Golden Cosmos, Alberto Guitián, Juarma, Juan Díaz-Faes, Koko, Max, Mireia Pérez, Albert Monteys, Javier Monsalvett, Nacho García, Nomono, Óscar Mata, Alberto Pieruz, Puño, Roque Romero, Valerio Vidali, Violeta Lópiz, Gerardo Sanz e Nicolai Troshinsky, ademáis da inestimable axuda de Manuel Bartual e Mr. Winters.