lunes, 30 de septiembre de 2013

Violencia Guay e outros aconteceres


O 10, 11 e 12 de outubro, dentro da programación do festival VillaManuela -concebido como unha homenaxe ó madrileño barrio de Malasaña-, estarei enfrontándome a Manuel Donada nunha exposición a medias que leva por título "Violencia Guay" e que estará inspirada nos golpes, pelexas e accidentes dos debuxos animados e dos tebeos. De feito, na web de Vice podedes ver unha entrevista/selección dalgunhas das nosas violencias animadas favoritas. 

On october 10th, 11th and 12th, as a part of VillaManuela festival´s schedule -conceived as an homage to Madrilenian Malasaña´s neighbourhood-, I´ll be facing Manuel Donada in a halfway exhibition entitled "Violencia Guay" that will be inspired by the blows, fights and accidents from cartoons and comic books. In fact, at Vice´s website you can see an interview/selection of some of our favourite animated violences.






Gatomatones xa está na rúa. É un fanzine editado por Cero Eficacia que recopila historietas e debuxos dalgúns dos pinceis máis talentosos do universo nestes momentos (Alberto Blázquez, Alex Schubert, Ana García Suárez, Andrés Magán, Begoña García-Alén, Berto Fojo, Carlos González, Cinta Arribas, Fermín Solís, Jack Teagle, Marc M. Gustá, María Ramos, Nasty Franky, Paul Arscott, Pepa Prieto Puy, Roberta Vázquez, Roberto Massó, Santi Z, Santiago Paredes e Teresa Ferreiro), polo que me sinto especialmente contento e orgulloso de participar. 

Gatomatones is now on the streets. It´s a zine edited by Cero Eficacia that compiles comics and drawings by some of the most talented brushes in the universe at this moment (Alberto Blázquez, Alex Schubert, Ana García Suárez, Andrés Magán, Begoña García-Alén, Berto Fojo, Carlos González, Cinta Arribas, Fermín Solís, Jack Teagle, Marc M. Gustá, María Ramos, Nasty Franky, Paul Arscott, Pepa Prieto Puy, Roberta Vázquez, Roberto Massó, Santi Z, Santiago Paredes and Teresa Ferreiro), so I feel specially happy and proud to take part.





Camiseta conmemorativa da exposición Oh, Chaval! na Watdafac Gallery de Madrid. Edición limitada (15 exemplares). Posiblemente queden algunhas.

Conmemorative t-shirt for Oh, Chaval! exhibition at Watdafac Gallery in Madrid. Limited edition (15  copies). There are probably some left.



contact@watdafac.com




As únicas copias que quedan do Chatarra acaban de chegar a Printed Matter, Inc (NY). Véndeno realmente barato! Antes diso xa visitaran feiras como Libros Mutantes (Madrid), o Helsinki Comic Festival ou a NY Art Book Fair.

Chatarra´s last copies left have just arrived to Printed Matter, Inc (NY). They sell it really cheap! Before that they had already visited some fairs such as Libros Mutantes (Madrid), Helsinki Comic Festival or NY Art Book Fair. 

http://printedmatter.org/catalog/artists/25305


martes, 10 de septiembre de 2013

Setembro



- Veño de comezar un novo paso na faraónica e obsesiva tarefa comezada con Nados Mortos. Neste caso, trátase de reproducir a toda cor e con mimoso detalle, nun formato de 12,5 x 18 cm., todas e cada unha das facianas que aparecen no vello caderno-acordeón. Son preto de 1400, así que o tomarei con calmiña. As que amoso aquí abaixo formaron parte da miña aportación a Magic Weirdos Never Die na Scawfell Gallery de Londres.

- O vindeiro 19 de setembro, a miña benquerida e madrileña Watdafac Gallery inaugura ¡Oh, Chaval!, unha exposición que complementa ó libro do mesmo título na homenaxe que a galería quere render ós Simpson. Cando abro o mail e atopo propostas coma esta, volvo a pensar que realmente me correspondía ter nacido en 1982, tal e como foi. Compartirei libro e espazo físico con varios candidatos a estar na lista definitiva de Del Bosque para o Mundial de Brasil: Carletti, Manuel Donada, Nano 4814, Clara Iris, Rocío Cañero, Hugo Sierra, Grosman, Gorka Villaescusa, Ruru, Mar Martitegui e Jose Punzón.
Aquí pódese ler unha entrevista sobre o asunto a Manuel Donada, ideólogo e capo.

Portada tuneable a cargo de Manuel Donada.




Unha das tres páxinas coas que contribúo ó invento.


- A xente de Rincón Pío Sound documentou parte da nosa actuación no Perpendicular Fest (Tema para correr e PO-308). O resultado é, polo momento, a máis nítida proba audiovisual da nosa existencia:


- En camiño: colaboracións con Ultrarradio, Autsáider Comics, Gatomatones, Klebstoff Magazine... Farei unha tirada de camisetas a ver se consigo pagar o alquiler do mes que vén; sairán pronto unhas camisetas de Djalminha; preparo unha expo para outubro en Madrid, un face to face co máster Manuel Donada... Informarei pronto.

P.D. Pasei o verán encerrado na casa, debuxando, sen apenas bañarme no mar; sen consolo, polo tanto. Cambiei, aburrido, a compaña da música pola dos documentais e reportaxes. Traguei toneladas e traballei ben a gusto. Podería recomendar unha chea de cousas, pero voume quedar co descubrimento da figura do Trinche Carlovich, un futbolista arxentino que ben merecería un apéndice en Bartleby y Compañía: renunciou a xogar en primeira (só desputou dous partidos); estivo a piques de fichar polo Cosmos de Pelé, Beckenbauer e Chinaglia pero por algún motivo non o fixo; non existen vídeos que dean testemuño do seu talento, pero sorprende a seguridade coa que os que o viron xogar o sinalan como o mellor da historia. Doume tempo a pensar na inxustiza que constitúe o feito de considerar o deporte como deporte e non como arte. A medida, o resultado, a estatística non poden nin poderán aprehender xamáis a esencia do xogo e, sen embargo, son os argumentos que sosteñen a estructura piramidal e impenetrable do fútbol (do deporte, atrevéndome a xeralizar), condenando á invisibilidade a todo movemento producido fóra da oficialidade, non tendo esta outro obxectivo que o de determinar os referentes para o seu control e xestión. Pero a realidade está nas fisuras e a literatura prevalece.

jueves, 11 de julio de 2013

Estivaleo

- O Liceo Mutante celebra este mes o seu segundo aniversario. Para os que andamos involucrados neste proxecto este aniversario é especialmente emotivo, logo de ter sobrevivido contra todo pronóstico ás ameazas de peche e á persecución das autoridades e dos seus colegas. Non sabemos canto máis vai durar isto, pero, como di sempre Rafa Anido, "o vivido aquí xa non cho poden quitar". Sexa como sexa, celebramos dous anos e farémolo así: https://www.facebook.com/events/148935218634887/
Aquí está o cartel que fixen para a ocasión:



- Logo dunha tempadiña de relax, Djalminha voltamos a exhibirnos en público. O escenario non podería ser mellor: no Liceo Mutante acompañados por unha banda tan especial e tan admirada por nós como Extinción de Los Insectos (venres 12 de xullo ás 20.30 h.).
E, xa que estamos, o 3 de agosto tocaremos no Perpendicular Fest, en Sanabria (León), un festival dos que xa non quedan, compartindo cartel cunha chea de bandazas. Ademáis o deseño do póster está feito por Natalia Umpiérrez, que se luciu para a ocasión. Un motivo de satisfacción máis.
See ya in da pit!!


Carteis psicodélicos, a especialidade de Jose Haz.



Pepinazo de cartel a cargo de Lady Umpiérrez.

sábado, 6 de julio de 2013

Camisetas Liceo Mutante verán 2013




En rosa e celeste. Para conseguilas hai que pasar polo Liceo Mutante.

lunes, 27 de mayo de 2013

Noticiario

- As últimas copias de Chatarra, o meu filliño, marchan para New York logo de ser seleccionado por Printed Matter para a súa libraría. Como consecuencia, estará tamén presente na New York Art Book Fair, a celebrar no MOMA en setembro. Manuel Donada, responsable de esa milagre chamada Watdafac e editor deste modesto libriño, cóntao algo mellor no seu blog. Aproveito a viaxe darlle as grazas por ter apostado por min e facer todo isto posible.



- O amigo Basilio, sheriff de Chingaste La Confianza, confioume unha vez máis o deseño do seu merchandising. Díxome que quería algo alegre e con algunha alusión mariñeira. Agradezo moito a confianza que Basi sempre deposita en min (espero non chingala nunca), que me permite traballar moi pero que moi a gusto. Para conseguir algunha das camisetas, suadoiros ou bolsos de tela hai dúas opcións: visitar o seu blog e aproveitar para desfrutar do gusto tan fino que ten para escoller discos, ou escribirme a bertofojo@outlook.com. 






- Fixen tamén unhas ilustracións para Vice sobre o Primavera Sound, esa gran fritideira.
Simulacro/salchicheo.







- Fan e Flaco foron esta fin de semana ó Festival de Cine de Cans a proxectar algúns episodios do seu Comemierda, programa online de curioso formato consistente en ir invitando a cociñar en cada episodio  a un grupo de música distinto. É fácil intuir o desastre, pero non os matices. Bueno, o caso é que lles fixen este cartel con tal motivo para que a organización rematara por coller de internet unha minúscula copia do seu logo para estirala en imprimila en A3, a unha media de píxel por pulgada. 




- Para rematar, un carteliño para o concerto que Mesa Of The Lost Women ofrecerán xunto a Junko este vindeiro mércores no Liceo Mutante. Reciclando debuxos.


martes, 14 de mayo de 2013

Cancerbeiro


Risografía a dúas cores (rosa flúor e azul claro) sobre papel Munken de 170 grs. Edición de 50 (asinadas e numeradas). Impresas en Hato Press (Londres).

Risografía a dos colores (rosa flúor y azul claro) sobre papel Munken de 170 grs. Edición de 50 (firmadas y numeradas). Impresas en Hato Press (Londres).

Two-colours risograph (fluor pink and light blue) on A3 Munken 170 grs paper. Edition of 50 (signed and numbered). Printed at Hato Press (London).

Para comprar/To purchase:


jueves, 9 de mayo de 2013

Magic Weirdos Never Die

Veño de pasar uns días en Londres co gallo da exposición que, baixo o título de "Magic Weirdos Never Die", se celebrou en Scawfell Street e na que tiven o pracer de participar. Sean Morris fixo o papel de curator e Carrie Howell foi a encargada de poñer a cousa a andar. O cartel completábano o compinche Manuel Donada (España); o propio Sean, Kyle Hughes-Odgers e Ghostpatrol (Australia); Jon Boam, Suzy Kemp, Jasper Dunk e James Unsworth (Reino Unido) e Luke Pelletier, e Dilon Froelich (EEUU). 
Foron uns días moi agradables: fun acollido por Manu Griñón e Raquel Estrada no cuartel de Jerseys Para Los Monos, rimos a esgalla e fixéronme sentir coma na miña casa; comín porcallada do Simply The Best mirando as pombas do parque xunto a Manuel Donada; Andrés Magán fíxome unha ruta polas tendas de tebeos máis flipantes de Londres (sen un can no peto fíxose durísimo), atopámonos por casualidade con Donada, que andaba a buscar a chatarra Marvel que lle falta, para despois unírmonos a Sae Aparicio e Juanes e visitar a National Gallery (combo deluxe), co seu matrimonio Arnolfini, a súa Rokeby, o seu tigre sorprendido e a súa pobre Lady Jane; coñecín a Alice Englert; fun hipnotizado polas tramas sonoras de Barn Owl en compaña de Juanes e Silvia; dei un moi agradable paseo nocturno con Juanes que nos levou ata o Barbican; atopeime casualmente pola rúa con Estefani Bouza; puiden por fin comprobar que Santi Zubizarreta é unha persoa de carne e óso, ademáis de coñecer a Teresa Ferreiro e a Jose Méndez e voltar a coincidir con Begoña García-Alén (tropa de figuras); merquei un rotu e unhas libretiñas que molan un montón; fun a unha pequena pero moi inspiradora expo de mapas decorativos antigos debuxados por MacDonald Gill, o irmán do célebre tipógrafo...
Velaí algunhas fotos do que foi a historia:

A poucos minutos para abrir Sean pediume que fixera un carteliño para a entrada.

O once inicial.

Sean Morris montando o tenderete.

Carrie Howell (esq.) e unhas mozas que non sei quen eran nos momentos previos á apertura.

Os meus meniños facendo turismo.

Fojo zone (foto cortesía de Manu Griñón)

Donada zone (pena que non se poida apreciar con claridade o detalle do debuxo).

 Peñita fresh.

"This is flipant!" (Pelaso!)

 Selección galega xa! Non están todos os que son pero son todos os que están: Begoña García-Alén, Santi Zubizarreta, Juan Fernández Navazas, Andrés Magán, Ronaldinho e Teresa Ferreiro. Equipazo!

Peñita fresh ao fresh.

Un asistente ávido de verdades cósmicas.

Raquel e Manu, os meus pais adoptivos, no momento da despedida no cuartel xeral de Jerseys Para Los Monos. :__^ )



lunes, 22 de abril de 2013

Algunhas novas

- Acaba de sair a convocatoria para participar no GRAPO GRAPO,  a segunda edición das xornadas de autoedición do Liceo Mutante. Celebraráse os días 21 e 22 de xuño, aproveitando o sol e o aire da ría. Animo a todo o mundo interesado no DIY e na  Desta volta, é Natalia Umpiérrez a encargada de crear a imaxe do evento (incrible, como ben se pode apreciar). En Plástica Mutante está dispoñible toda a información da convocatoria.

- Este domingo 28 parto rumbo a Londres para participar na exposición "Magic Weirdos Never Die", no Scawfell Studio de Londres, que se inaugura o xoves 2 de maio. Estou especialmente contento por varios motivos: é a primeira vez que expoño naquelas terras, comparto cartel cuns figuras de moito calibre, acompáñame na representación ibérica Don Manuel Donada (autor do cartel) e vou a ter a oportunidade de voltar a ver a algún vello amigo.



- O amigo David Tombilla (a.k.a. Fan de Baiona) ven de colgar unha puñada de fotos do concerto que Djalminha ofrecemos este pasado sábado no Liceo Mutante. Xa de paso, podedes aproveitar para dar un paseo polo seu flickr e flipar coa súa documentación da escea musical galega.



sábado, 23 de marzo de 2013

Arréame

Seara Records lanzará a vindeira semana un casette recopilatorio con 30 cancións de 30 grupos galegos ilustradas por 30 artistas. A mín tocoume ilustrar "De la monarquía a la criptocracia" de Triángulo de Amor Bizarro.




domingo, 3 de marzo de 2013

BEZOAR


A miña portada para o inminente disco de BEZOAR. Pronto máis información sobre o proxecto.

miércoles, 27 de febrero de 2013

O deseño para o "Vermes Veniunt"



Hai algo máis de unha semana, Djalminha publicamos un modesto pero ben xeitosiño EP con cinco dos nosos temas. Traballei como cando era máis feliz, de madrugada e improvisando bastante. Non había nada excesivamente planeado, a excepción do selo, que tivera que encargar antes. A noite antes do concerto con Za! quedámonos ata as tantas Gon, Noe, Nati e servidor cortando cartulinas, estampando selos, gravando os discos nas nosas computadoras, debuxando, empaquetando... Todo moi D.I.Y., todo moi vellos tempos. Decateime do moito que boto de menos aquela inocente maxia.
Fixemos unha edición de 35 exemplares numerados que está a piques de se esgotar, polo que haberá que organizar outra sesión dentro de non moito.
Cada disco leva dentro unha palmeiriña recortada como homenaxe ó noso querido Liceo Mutante.
A risco -ou con intención- de me repetir, quixera insistir na importancia do papel de Jose Uve (sheriff dos Estudios A Pastora) á hora de facer realidade este proxecto.
Quen queira un, que me escriba (4€ + gastos de envío).

jueves, 14 de febrero de 2013

Revista Numerocero. La trastienda: ilustradores


A revista Numerocero ven de publicar unha reportaxe en dúas entrega sobre a situación actual da ilustración no estado español. O artigo está confeccionado partindo de fragmentos de entrevistas a distintos ilustradores (Manuel Donada, Ricardo Cavolo, Puño, Abel Cuevas, Ana Bustelo, Iván Solbes, Eulogia Merle, Johnatan Millán e eu mesmo). Aparte dos enlaces, deixo a que foi a miña entrevista completa, que me levou demasiado chollo como para deixala a criar pó virtual.

La trastienda: ilustradores (parte 1)
La trastienda: ilustradores (parte 2)



¿Cómo entraste en contacto con el mundo de la ilustración?
Como todo el mundo, a través de cuentos, libros ilustrados, tebeos, dibujos animados... Son las primeras formas culturales por las que comienza a mostrar interés un niño. Particularmente, desde pequeño me asombró la capacidad de síntesis de los dibujantes a la hora de traducir formas o incluso sensaciones reales complejas a signos gráficos más o menos sencillos, a un lenguaje propio. La nariz de Mortadelo, los brazos de Popeye, la espiral sobre la cabeza de Tintín... son formas que para mí no han perdido el misterio y a las que, día tras día, me he venido afanando en perseguir.

¿Has tenido algún tipo de formación académica relacionada con el dibujo o bellas artes?
La base de la formación que recibí en Bellas Artes era esencialmente conceptual, algo que me ha resultado muy útil a la hora de trascender lo visual en mis proyectos. Sin embargo, la ilustración, el cómic y determinadas formas de dibujo no encajaban dentro del -falso- discurso interdisciplinar imperante en la facultad. La mayoría de los profesores las consideraban artes menores y quien quería trabajar en esa dirección lo debía hacer al margen de las clases, experimentando y aprendiendo de los compañeros, que al final son los verdaderos maestros.

¿Cuál ha sido tu mayor influencia para decidirte a ser ilustrador?
En realidad nunca decidí ser ilustrador, ni siquiera me considero tal. Simplemente he ido siguiendo un camino vocacional sin demasiadas pretensiones que me ha traído a donde estoy hoy. En ese camino ha habido muchísimas influencias no necesariamente relacionadas con la ilustración, sino más bien con el dibujo: las sesiones de dibujo familiares, en las que mis padres o entre mis hermanos y yo proponíamos objetos, personajes o gestos y jugábamos a ver quién lo hacía mejor o más gracioso; los dibujos de Conan de mi primo, el pintor Juan Rivas, y los muñecos de su hermano Jose; unos raposos muy esquemáticos que dibujaba mi padre; Lucky Luke, Astérix y Obélix, Tintín, Mortadelo y Filemón, Calvin y Hobbes, Carlitos, Disney, Hannah Barbera, Ren & Stimpy, los mundos de Jim Henson... Me podría pasar horas escribiendo nombres. Más adelante, me marcó profundamente conocer el punk, el cómic underground, los fanzines... La música ha estado siempre presente. Y, por supuesto, haber tenido la suerte de conocer, hacer cosas y, en muchos casos, trabar amistad con gente como Natalia Umpiérrez, Carletti, Olmo Cuña, Brendel, Sara García, Alberto Iglesias, Kardos Bueu, Liqen, Pelucas, Haz, Jaime Olmedo...

¿Se puede vivir trabajando exclusivamente en el mundo de la ilustración?
Aquí ya nada parece posible. A diferencia de otros países, no hay una estructura seria, no hay respeto ni tradición. Se sigue confundiendo lo bueno con lo barato o, lo que es peor, lo bueno con lo gratis. A nadie le importa la calidad de una ilustración tanto como su precio, la rapidez con la que sea hecha o quien la firme. La ilustración en sí es lo último, no importa, es musiquilla de fondo, lo que implica no apreciar el proceso que hay detrás y, en consecuencia, desconocer su valor real. Puede haber algún mes bueno, pero pagar un alquiler y comprar comida dedicándose en exclusiva a la ilustración es, a día de hoy, extremadamente difícil.

En algunas ocasiones, la gente confunde diseño gráfico con ilustración ¿Cómo les explicarías la diferencia entre uno y otro?
No me siento capacitado para trazar una línea que separe una cosa de la otra. Tampoco me preocupa demasiado. De hecho, me encuentro muy cómodo en ese territorio fronterizo donde, en torno al dibujo, se reúnen también el cómic, la animación, el grabado o la pintura. Sí considero fundamental el papel del dibujo. A un diseñador que no dibuja se le ve a kilómetros el peluquín. Alucino al ver el trabajo de gente como Milton Glaser, Geoff McFetridge o James Jarvis, donde las disciplinas se funden al servicio de un todo orgánico, de un mundo propio.

¿Crees que se valora de una manera justa el valor de la ilustración en el mundo editorial?
Mi experiencia en el mundo editorial ha ido principalmente ligada a la autoedición, por lo que nunca he esperado nada de nadie ni tengo demasiados argumentos. Últimamente han ido apareciendo por el estado unas cuantas editoriales más bien pequeñas pero con muy buen gusto y mucho respeto por lo artístico. Su afianzamiento sería una noticia de lo más esperanzador.

¿Con qué tipo de encargos te sientes más a gusto? ¿Y cuáles no aceptarías?
En general, no me siento cómodo trabajando por encargo. Poco a poco me he ido acostumbrando, como quien se acostumbra a madrugar, pero disfruto mucho más de mis propios proyectos. Como abstemio convencido, no me interesa nada relacionado con el alcohol o el tabaco.

¿Cuáles son tus ilustradores favoritos?
La respuesta real sería infinita. Últimamente me lo flipo con Antoine Marchalot, la gomosidad de Jacovitti, Gottfredson, el Prison Pit de Johnny Ryan, Leon Sadler, Carl Barks, las animaciones de David O´Reilly, Bendik Kaltenborn, Ronald Searle, Nacho García, Felipe Almendros... ¡Yo que sé!

¿Podrías definir en una sola frase en qué consiste tu trabajo?
Hace ya un tiempo decidí no preocuparme por definir mi trabajo. En la Facultad de Bellas Artes era algo que se exigía continuamente y que, al menos en mi caso, sólo funcionaba como mecanismo de bloqueo. No necesito un discurso pues ya está en el propio hacer.

domingo, 10 de febrero de 2013

SorpresaZA!


Copio e pego:

Queridos amigos do Liceo Mutante!

O próximo sábado 16 de febreiro as portas do Liceo abriranse para levar a cabo un evento moi especial, unha xornada de convivencia e reivindicación do Liceo Mutante.

E de que irá a historia? Pois dende as cinco da tarde as portas do Liceo estarán abertas para recibirvos nunha sorte de día de convivencia en apoio e soliedariedade coa nosa asociación. Temos preparadas unha mistura de actividades onde teremos papadela e diferentes ofertas nun mercadiño petado de cousas incrí
bles e postos do máis variado, ademáis de unha rifa loquísima e unha sorpresaZA! con todas as letras (sobre todo as dúas últimas)

Non tes excusa económica xa que a entrada será con donativo opcional pero o aforo será limitado, así que non sexas pailán e ven prontiño para non quedar sen sitio!

Xente que colaborará:

Le Chanelas
Chingaste la Confianza
Berto Fojo
Natalia Umpiérrez
Tartas de Bea
Tayone
Xose Lois García
Colectivo Metamovida

sábado, 9 de febrero de 2013

Vermes Veniunt


Deseño de selo para o CD que autoeditaremos a vindeira semana.

domingo, 3 de febrero de 2013

Tik Tok


Especialmente contento anuncio a miña inminente participación en Tik Tok, unha web de banda deseñada online na que tamén participan os meus admirados Lola Lorente, Alberto Vázquez, Ana Galvañ e Paco Alcázar, entre outros chanadores. Agradezo a Ana Galvañ que se lembrara de min para este proxecto tan molón.

martes, 29 de enero de 2013

Emoticono


Zá! + Djalminha (corrección)


Houbo que cambiar un par de cousas.

lunes, 21 de enero de 2013

Zá! + Djalminha en Compostela


O vindeiro 15 de febreiro estaremos en Santiago de Compostela compartindo escenario nin máis nin menos que con Zá! Para demostrarlles o meu respeto e admiración quixen retratalos como un par de simpáticas salchichas. Para os que non sexades conscientes da seriedade do asunto:

martes, 25 de diciembre de 2012

Extinción de los Insectos e Djalminha en Tui


O concerto que se suspendeu no Liceo Mutante celebrarase finalmente na Fabriquería de Tui, grazas á axuda de Toño Magariños é a boa disposición destes amigos tudenses.
A xira con Extinción de los Insectos queda así:  

Mércores 26. Bar Labranza, Meiro (Bueu). 22 h. 4€.
Xoves 27. A Cova do Trasgo, Vigo. Con Durarará. 
Venres 28. O Club de Vila-Real, Vila-Real (Portugal). 23 h. 3€.
Sábado 29. La Fabriquería, Tui. 23.30 h. Gratis.